viernes, 20 de abril de 2012

HORA DE LER COS MAIORES

Hoxe empezamos a facer unha interesante actividade cos nenos e nenas de 2º ciclo, e relacionada coa hora de ler. A última hora viñeron HELENA e NURIA, da clase de 4º, e trouxeron un conto moi divertido que elas mesmas escolleron na biblioteca a prepararon na clase, "ADIÓS SEÑORA CACA".Gustounos moito, e mirade os atentos que estivemos...nin un chío!!E tanto aplaudimos que tiveron que contalo 2 veces!
Moitas grazas @s profes de segundo ciclo por participar nesta actividade tan motivadora.

LIBROS

Xa está todo listo para o luns!Grazas pola vosa colaboración, e non vos olvidedes de vir a buscar a vosa nova lectura!

lunes, 16 de abril de 2012

23 DE ABRIL



O vindeiro luns celebramos o DÍA DO LIBRO. Estamos a facer actividades relacionadas con "EL QUIJOTE"(coñecemos os personaxes, lemos aventuras,facemos murais...) e tamén imos facer un TROCO DE LIBROS:

- Por unha banda, os neno/as traerán durante esta semana un conto da casa, e poñerano na exposición que temos na entrada de infantil. Así poderán ir vendo e escollendo o novo conto que levarán o día 23.

- Por outra banda @s profes de infantil tamén traeremos o noso libro, e as familias tamén poderedes traer un , e o luns 23 a partires das 13:45 e ata a hora de saír estarán expostos no patio cuberto de infantil para que poidamos escoller un libro novo. Se non podedes vir os vosos fillos xa vos levarán unha nova lectura. Animádevos!!

jueves, 12 de abril de 2012

VOLVEMOS CON GANAS!

Xa estamos de volta!Con moitas ganas de traballar!Hoxe, cando estabamos na asemblea coa profe Sara, chegou unha nova carta de Marci!!Axudádenos a investigar sobre o lugar onde está!

lunes, 26 de marzo de 2012

CUMPLES DE MARZO


Hoxe celebramos os primeiros cumples da primavera, neste mes tocoulles a MIGUEL e a ALEX, fixémoslles unhas coroas moi chulis, uns diplomas, e demos boa conta do biscoito, patacas e zume.Parabéns!!

jueves, 22 de marzo de 2012

CHEGOU A PRIMAVERA

Sol,calor,bichos...andamos algo revolucionados coa primavera!Hoxe fixemos unhas bolboretas moi chulis!

E co bo tempo mirade como medraron as leitugas do noso invernadoiro!! Tamén temos allos, guisantes, algunha cebola, cenorias...menuda ensalada imos facer!

MAMÁ DE LUCAS

E para ir rematando xa a 1ª visita das familias a contarnos contiños, a pasada semana viñeron a mamá de LUCAS,VERÓNICA, e a súa irmá maior NORA, que nos contaron a historia dos 101 Dálmatas.